Clausura do Obradoiro

E despois de seis meses de duración deste proxecto de emprego-formación, chegamos ó último Post, o da clausura do Obradoiro de Emprego «Axardinamento de parques municipais e espazos públicos«, proxecto no que se formaron 20 alumnos e alumnas no Certificado de Profesionalidade «Actividades Auxiliares en viveiros, xardins e centros de xardinería».

Ímonos cunhas imaxes do Acto de Clausura e entrega de Diplomas, ó que acudiu , ademais dos Alcaldes dos Concellos promotores: Aranga, Irixoa , Monfero e Vilarmaior, o Xefe Territorial de Consellería de Economía, Emprego e Industria  da Coruña: Isidoro Martinez Arca.

Así pois,  non nos queda máis que desexarlle a todo o noso alumnado, unha pronta inserción laboral, este é o obxectivo último dun Obradoiro.

Ten sido un pracer compartir este espazo con todos vos!

Xornada colaborativa co CEIP Torres (Concello de Vilarmaior)

Tal e como aconteceu con Colexio de A Castellana, o día 17 de febreiro fixemos unha xornada colaborativa cos pequeniños e pequeniñas  do CEIP Torres en Vilarmaior.

Nunha linguaxe accesible a súa idade,  estivemos practicando  distintos medios de reproducción vexetal , que puxeron en práctica en forma de: leitugas, cebolas, allos-porros… na súa horta, baixo a «supervisión» do alumnado do Obradoiro de Emprego

Máns á obra,  encheron  outro hotel de insectos de palla, piñas, cañizo, tella… para acomodar os futuros «visitantes»: escarabellos , abellas, e demáis insectos que terán que chegar  para aloxarse nel…actividade que despertou a curiosidade de todes eles!

Unha vez plantadas as leitugas e demáis,  a coller a regadeira para que ningunha das novas habitantes da horta pase sede!

Imos cunhas tenras imaxes desta xornada, na que ata o día nos axudou, cun sol que luciu esplendoroso :

Xornadas colaborativas no CEIP A Castellana (Concello de Aranga)

Como colofón a actividade desenvolvida neste Obradoiro, quixemos organizar unhas xornadas colaborativas no eido educativo, os elexidos foron o CEIP de A Castellana no Concello de Aranga e o CEIP de Torres no Concello de Vilarmaior, por ser colexios nos que se teñen aprobadas actuacións de xardinería dentro deste proxecto..

A modo dun aprendizaxe-servizo , o 13 e 14 de febreiro,  o alumnado do colexio de A Castellana e o deste  Obradoiro, intercambiamos coñecementos e «saber facer» para traballar un dos contidos comúns ó seu curriculo e ó noso Certificado de Profesionalidade:  a «reproducción vexetal»  a través do acondicionamento dun pequeno terreo como  horto escolar.

O día 13 , o alumnado de 5º e 6º de Primaria explicounos a través dun fantástico Power Point que eles mesmos elaboraron e que subimos a este Post os diferentes modos de reproducción vexetal, encargaronse polo tanto do «saber», e pola contra ,o alumnado do Obradoiro de Emprego «Axardinamento de espazos municipais e parques públicos» encargouse do «saber- facer«, ensinandolles  a práctica de distintas formas de reproducción vexetal. Así   pois baixo  a titorización do noso alumnado, os nenos e nenas de , 5º e 6º  de Primaria, o día 13, e os de 3º e 4º, no día 14,   puxéronse mans á obra  literalmente,  abrindo regos, con bulbos, sementes,  para plantar no horto as leitugas, cebolas, chícharos, allos-porros ….. que «Comercial Irixoa SL» nos donou xenerosamente para esta actividade.

Ademáis e como medio de loita biolóxica,  encheron de diversos materiais os Hoteis de insectos que lles construiramos  e os que acudirán os escarabellos, arañas e demáis insectos de xardin, hoteis cos que desfrutaron sen dúbida..

Ó remate da xornada do día 14 e xa  cos mais pequeniños de infantil,  plantamos bulbos de Narcisos en macetas que irán destinadas a construcción dunha rotonda que colocarán no Hall do colexio para facer prácticas de seguridade vial!

Imos cunha selección das imaxes destas bonitas e gratificantes xornadas, danos pena non poder por as fotos de todos os nenos e nenas,  pero este espazo é o que é:

E agora imos a aprender co Power que fixo 5º e 6ª de Primaria:

a-reproduccion-das-prantas

Axardinamento Colexio de A Castellana II ( Concello de Aranga)

O último módulo do Certificado de Profesionalidade «Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería» é o de «Operacións básicas para o mantemento de xardins, parques e zonas verdes», nel contemplase un apartado dedicado a infraestruturas básicas de xardin e a súa conservación.

Nesta actuación  no colexio de Aranga, no xardín de aromáticas aproveitamos para instalar unha minivalla que delimitara a zona, e o noso alumnado pusoxe máns a obra, ímolo ver a  continuación:

Entorno Centro de Saúde, Casa Consistorial e Nave de Servizos II (Monfero)

A unha semán do remate do traballo en obra deste Obradoiro, imos amosar os traballos desenvolvidos nesta actuación , que xa foron amosados nun anterior Post, e que incluiron: aportacion de terra para plantación de céspede, plantación de plantas de tempada  e poda de árbores e arbustos, reposición de  macizos, entre outros traballos..

Asi mesmo volvemos a facer un mantemento final naquelas zonas que o precisaban. Imos xa coas imaxes

 

Construcción hoteis de insectos (Loita biolóxica)

Dentro do terceiro Módulo do Certificado de Profesionalidade, e como método de loita biolóxica ,  o noso alumnado construiú    «Hoteis de insectos» , unha  práctica  respectuosa co medio ambiente, medianto o emprego de «fauna amiga». Asi pois ó cañizo do hotel acudirán as abellas, o enrreixado os insectos xilófagos, nas tellas os pulgóns….

A clase que a pesar as reticencias dalgúns, todo hai que dicilo, resultou unha práctica do máis entretida, casi de clase de bricolaxe ou manualidades, na que finalmente o alumnado empregouse a fondo, cuns productos finais, verémolo nas imaxes,   que son pequenas obras de arte.

Estos hoteis de insectos foron  usados, nas actividades colaborativas que este Obradoiro de Emprego tivo co alumnado do CEIP  da Castellana en Aranga, por ser un centro no  que  se ten aprobada unha  actuacións neste Obradoiro. A nos toucounos facer a estrutura do hotel, e os nenos e nenas enchelo!!

Imos cunhas imaxes dos nosos «construtores de hoteis» en plena faena:

Prácticas formativas

Como complementos as actuacións aprobadas para este Obradoiro, que supoñen un medio para que o alumnado poña en práctica os contidos teóricos propios do Certificado de Profesionalidade de » Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería» o alumnado realizou ademáis outras prácticas formativas en taller para mellorar a súa cualificación.

Mostra destas prácticas desenvolvidas, foron ademáis das xa expostas nalgún post anterior:  as prácticas de inxertos, as de riego …..

Como unha imaxe vale más que mil palabras, imos con algunas delas:

Visita formativa

Para complementar o programa formativo impartido no Obradoiro,  o 30 de xaneiro realizamos unha visita formativa a Trebore Jardinería, Viveros Borrazas SL e o Xardín Botánico de Culleredo.

O obxectivo pretendido era ofrecer ó alumnado unha visión profesional e real do traballo desenvolvido en empresas do sector, tanto en Trébore, dedicado principalmente á producción e venda maiorista, na que puidemos ver da mán de Conchi as distintas fases da producción de planta, os diferentes sistemas de rego, o emprego das enmacetadoras…. como en Borrazás, que se dedica á comercialización, onde da mán de Teresa fixemos unha viaxe visual , táctil e olfativa polas diferentes variedades que comercializan.

Finalmente no  Xardín Botánico de Culleredo, da mán dos nosos monitores: Marcos e Yuma, o alumnado pudo ver diversos tipos de xardíns: galego, francés, xaponés, ingles..así como diferentes variedades de arbores, plantas, arbustos….

Agradecendo a Conchi e Tere as súas explicacións e guía polos recintos imos cunhas imaxes da xornada:

Parque infantil da Feira do Tres (Vilarmaior)

Xa casi na recta final do Obradoiro, este proxecto de formación e emprego remata o vindeiro 28 de febreiro, tocoulle ó turno ó Parque infantil da Feira do Tres no Concello de Vilarmaior.

O parque infantil ven de sufrir unha remodelación a cargo do Concello de Vilarmaior na que se instalaron novos columpios para os nenos e nenas, sendo o alumnado do Obradoiro o encargado do axardinamento do parque: mantemento de céspede,  remodelación das rocallas e resementado de céspede .

Vexamos como foi evolucionando esta actuación:

Practicas de identificación especies

Xa de cara o exame práctico do Módulo formativo 0521_1 «Operacións básicas para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes » do Certificado de Profesionalidade, fixemos unhas prácticas finais de identificación das especies mais comúns,  empregando o aprendizaxe colaborativo e activo,  unha das  metodoloxías  que mellor  axudan a anclar coñecementos.

Imos cunhas imaxes da clase e do noso alumnado en plena tarefa de identificación, o resultado quedou  plasmado nestos murais que temos expostos na clase,  a modo de recordatorio…

Unha xornada distendida e produtiva, porque é posible aprender de xeito ameno!!