Xornadas colaborativas no CEIP A Castellana (Concello de Aranga)

Como colofón a actividade desenvolvida neste Obradoiro, quixemos organizar unhas xornadas colaborativas no eido educativo, os elexidos foron o CEIP de A Castellana no Concello de Aranga e o CEIP de Torres no Concello de Vilarmaior, por ser colexios nos que se teñen aprobadas actuacións de xardinería dentro deste proxecto..

A modo dun aprendizaxe-servizo , o 13 e 14 de febreiro,  o alumnado do colexio de A Castellana e o deste  Obradoiro, intercambiamos coñecementos e «saber facer» para traballar un dos contidos comúns ó seu curriculo e ó noso Certificado de Profesionalidade:  a «reproducción vexetal»  a través do acondicionamento dun pequeno terreo como  horto escolar.

O día 13 , o alumnado de 5º e 6º de Primaria explicounos a través dun fantástico Power Point que eles mesmos elaboraron e que subimos a este Post os diferentes modos de reproducción vexetal, encargaronse polo tanto do «saber», e pola contra ,o alumnado do Obradoiro de Emprego «Axardinamento de espazos municipais e parques públicos» encargouse do «saber- facer«, ensinandolles  a práctica de distintas formas de reproducción vexetal. Así   pois baixo  a titorización do noso alumnado, os nenos e nenas de , 5º e 6º  de Primaria, o día 13, e os de 3º e 4º, no día 14,   puxéronse mans á obra  literalmente,  abrindo regos, con bulbos, sementes,  para plantar no horto as leitugas, cebolas, chícharos, allos-porros ….. que «Comercial Irixoa SL» nos donou xenerosamente para esta actividade.

Ademáis e como medio de loita biolóxica,  encheron de diversos materiais os Hoteis de insectos que lles construiramos  e os que acudirán os escarabellos, arañas e demáis insectos de xardin, hoteis cos que desfrutaron sen dúbida..

Ó remate da xornada do día 14 e xa  cos mais pequeniños de infantil,  plantamos bulbos de Narcisos en macetas que irán destinadas a construcción dunha rotonda que colocarán no Hall do colexio para facer prácticas de seguridade vial!

Imos cunha selección das imaxes destas bonitas e gratificantes xornadas, danos pena non poder por as fotos de todos os nenos e nenas,  pero este espazo é o que é:

E agora imos a aprender co Power que fixo 5º e 6ª de Primaria:

a-reproduccion-das-prantas

Deja un comentario