Visita formativa

Para complementar o programa formativo impartido no Obradoiro,  o 30 de xaneiro realizamos unha visita formativa a Trebore Jardinería, Viveros Borrazas SL e o Xardín Botánico de Culleredo.

O obxectivo pretendido era ofrecer ó alumnado unha visión profesional e real do traballo desenvolvido en empresas do sector, tanto en Trébore, dedicado principalmente á producción e venda maiorista, na que puidemos ver da mán de Conchi as distintas fases da producción de planta, os diferentes sistemas de rego, o emprego das enmacetadoras…. como en Borrazás, que se dedica á comercialización, onde da mán de Teresa fixemos unha viaxe visual , táctil e olfativa polas diferentes variedades que comercializan.

Finalmente no  Xardín Botánico de Culleredo, da mán dos nosos monitores: Marcos e Yuma, o alumnado pudo ver diversos tipos de xardíns: galego, francés, xaponés, ingles..así como diferentes variedades de arbores, plantas, arbustos….

Agradecendo a Conchi e Tere as súas explicacións e guía polos recintos imos cunhas imaxes da xornada:

Parque infantil da Feira do Tres (Vilarmaior)

Xa casi na recta final do Obradoiro, este proxecto de formación e emprego remata o vindeiro 28 de febreiro, tocoulle ó turno ó Parque infantil da Feira do Tres no Concello de Vilarmaior.

O parque infantil ven de sufrir unha remodelación a cargo do Concello de Vilarmaior na que se instalaron novos columpios para os nenos e nenas, sendo o alumnado do Obradoiro o encargado do axardinamento do parque: mantemento de céspede,  remodelación das rocallas e resementado de céspede .

Vexamos como foi evolucionando esta actuación:

Practicas de identificación especies

Xa de cara o exame práctico do Módulo formativo 0521_1 “Operacións básicas para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes ” do Certificado de Profesionalidade, fixemos unhas prácticas finais de identificación das especies mais comúns,  empregando o aprendizaxe colaborativo e activo,  unha das  metodoloxías  que mellor  axudan a anclar coñecementos.

Imos cunhas imaxes da clase e do noso alumnado en plena tarefa de identificación, o resultado quedou  plasmado nestos murais que temos expostos na clase,  a modo de recordatorio…

Unha xornada distendida e produtiva, porque é posible aprender de xeito ameno!!

 

Parque infantil da Escola de Torres (Vilarmaior)

Unha das catro actuacións a realizar polo alumnado do Obradoiro de Emprego no Concello de Vilarmaior, á o acondicionamento do xardin da Escola Infantil de Torres.

Nesta actuación, ademais do mantemento do cespede e desbroce da zona, o alumnado fixo unha rocalla previa delimitación con bordillo de madeira e colocación de malla antiherba.

As plantas elixidas foron especialmente as aromáticas: romero, lavanda, santolina, salvia, tomillo…. e Loropetalum, Abelias, Deutzias…

Asi mesmo habilitouse unha pequena  zona como futuro horto para que os pequenos e pequenas da escola experimenten…!

Vexamos a evolución da zona…

 

Nacemento no Obradoiro de Emprego

O 13 de xaneiro “chegou” Esteban!

De parte de todo o persoal e alumnado do Obradoiro de Emprego “Axardinamento de parques municipais” queremos trasmitir os nosos parabéns ó noso alumno  Jose Antonio Castro e a Lee-Ann polo nacemento de Esteban, o  seu primeiro fillo!

Agora por unha pequena tempada a Jose Antonio  tocaralle cambiar a rozadoira, o cortacespede… polos  biberóns!!

20170118_122407

Entorno da Piscina Municipal ( Monfero)

No Concello de Monfero, unha das actuacións aprobadas é o acondicionamento do Entorno da Piscina Municipal.

Situada no lugar de O Francés, é un lugar moi concurrido nos meses de verán , non só polos veciños e veciñas de Monfero,  senon polos da contorna.

Unha vez acometida unha remodelación da  Piscina por parte do Concello de Monfero para aumentar a superficie útil do recinto, ó alumnado do Obraoiro de Emprego, tocaronlle, entre outras tarefas, as labores de mantemento: desbroce da contorna da Piscina, resementado de céspede e reposición de plantas, tales como Wisteria,  Hipérico, Agapanto…

Imos cunhas imaxes da actuación neste  bonito   lugar:

 

 

 

Macetas de A Castellana (Aranga)

No lugar de A Castellana, no Concello de Aranga, a segunda actuación que o alumnado do Obradoiro de Emprego “Axardinamento de parques municipais e  espazos públicos” tivo que desenvolver, xunto co acondicionamento dos xardíns do Colexio de A Castellana, son as macetas situadas na contorna do Centro de Saúde

O traballo desenvolvido consistiú na reposición das macetas, procurando elixir variedades resistentes, tales como: Romero, Phornium, Cotoneaster, Carex, Brexo, Hedra, Cupressus… e a aplicación dun protector da madeira.

Recién plantadas, esperemos que podan resistir as baixas temperaturas que estamos tendo!!!