Obradoiro de Emprego “Axardinamento de Parques municipais e espazos públicos”

img_1928Benvidos/as ó noso Blogue!

A través deste espazo intentaremos amosar a actividade que dende este  Obradoiro de Emprego imos desenvolvendo ó longo dos seis meses de duración deste proxecto.

Antes de entrar en materia, explicaremos brevemente en qué consiste este Obradoiro:

Obradoiro de Emprego “Axardinamento de Parques municipais e espazos públicos” é un proxecto mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que posibiliten ó seu alumnado/traballador a realización dun traballo efectivo en alternancia con formacion profesional, nel o alumnado formase no Certificado de Profesionalidade de “Actividades Auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” ( Código AGAO0108).

Este proxecto, que tivo o seu inicio o 1 de setembro de 2016 esta financiado pola  Consellería de Economía, Emprego e Industria ó abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015  pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia,  e está promovido polo  Concello de Aranga, en colaboración cos de  Irixoa,  Monfero  e Vilarmaior, participando  todos eles na súa cofinanciación.

Ó longo dos seis meses de vixencia deste proxecto os 20 alumnos/as/traballadores participantes reciben formación en alternancia con práctica profesional remunerada, a través dun contrato para a formación e o aprendizaxe.

Ademáis da impartición deste Certificado de Profesionalidade o alumnado recibe formación nos seguintes Módulos complementarios:

-Educación Secundaria Obrigatoria ( E.S.O)

-Orientación, Información profesional, búsqueda de emprego

-Alfabetización Informática

– Prevención de Riscos Laborais

-Sensibilización Medioambiental

-Igualdade de Oportunidades

Ademáis de formación teórico-práctica recibida, o alumnado desenvolve un traballo efectivo nas 16  actuacións aprobadas distribuidas polos catro Concellos promotores, onde adquiren formación profesional.

As accións impartidas e traballo desenvolto, están pensados para mellorar a empregabilidade dos seus participantes, sendo o obxectivo final procurar a súa inserción laboral.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s